miércoles, 3 de junio de 2015

PLE


PLE
ENTORNO DE APRENDIZAXE PERSOAL


Non podemos tentar avanzar neste tempos, profesionalmente falando (e persoalmente tamén), sen collernos da man, apoiarnos e aprender das novas tecnoloxías.

Un dos retos actuais das empresas é a de "existir" nun espazo cada vez máis competitivo e globalizado.
Para as e os profesionais xurde a mesma dificultade.

As redes sociais, programas ou aplicacións de comunicación e participación son esenciais para poder acadar obxetivos empresariais ou persoais.

Esto abre un sin fín de posibilidades de meiora, tanto de imaxe, comunicación, achega a potenciais clientes, usuarios, empregados, coordinación, planificación, etc.

Dende outro punto de vista, os potenciais empregados deberán mostrar coñecimento nestas aplicacións para a consecución dun posto de traballo, así  como para poder aportar innovación ó no seu quefacer profesional.

Unha forma sinxela de expor estes coñecimentos é a través do PLE, ou entorno persoal de traballo, onde se mostra con claridade algunhas das competencias que se posúen.

Deixo a continuación un exemplo que realicei recopilando algunhas das ferramentas que máis uso.
Hai moitos exemplos e deseños, eu escollín éste pois pareceume organizado, fácil de ver e comprender, ademais de que me permíteme ir añadindo novas informacións.
Non esquezamos que se trata dun campo de coñecimento en contínuo e rápido movemento.

Así que lareiros e lareiras, dádelle a man e desfrutade do avance!