miércoles, 3 de junio de 2015

PLE


PLE
ENTORNO DE APRENDIZAXE PERSOAL


Non podemos tentar avanzar neste tempos, profesionalmente falando (e persoalmente tamén), sen collernos da man, apoiarnos e aprender das novas tecnoloxías.

Un dos retos actuais das empresas é a de "existir" nun espazo cada vez máis competitivo e globalizado.
Para as e os profesionais xurde a mesma dificultade.

As redes sociais, programas ou aplicacións de comunicación e participación son esenciais para poder acadar obxetivos empresariais ou persoais.

Esto abre un sin fín de posibilidades de meiora, tanto de imaxe, comunicación, achega a potenciais clientes, usuarios, empregados, coordinación, planificación, etc.

Dende outro punto de vista, os potenciais empregados deberán mostrar coñecimento nestas aplicacións para a consecución dun posto de traballo, así  como para poder aportar innovación ó no seu quefacer profesional.

Unha forma sinxela de expor estes coñecimentos é a través do PLE, ou entorno persoal de traballo, onde se mostra con claridade algunhas das competencias que se posúen.

Deixo a continuación un exemplo que realicei recopilando algunhas das ferramentas que máis uso.
Hai moitos exemplos e deseños, eu escollín éste pois pareceume organizado, fácil de ver e comprender, ademais de que me permíteme ir añadindo novas informacións.
Non esquezamos que se trata dun campo de coñecimento en contínuo e rápido movemento.

Así que lareiros e lareiras, dádelle a man e desfrutade do avance!








miércoles, 18 de marzo de 2015

Fases da I.A.P. ou Investigación-Acción-Participativa

Calquera que coma min, durante a súa labor profesional nos diversos campos do Traballo Social Individual ou por Colectivos, optase por una visión integral e inclusiva, atoparía no Traballo Comunitario una realidade a explorar.


Dende este enfoque proponse o método científico de estudo: I.A.P. ou Investigación-Acción-Participativa.

T. Alberich (2006) proponnos a seguinte definición:
“La IAP es un método de estudio y acción de tipo cualitativo que busca obtener resultados fiables y útiles para mejorar situaciones colectivas, basando la investigación en la participación de los propios colectivos a investigar. Así, se trata de que los grupos de población o colectivos a investigar pasen de ser “objeto” de estudio a “sujeto” protagonista de la investigación, controlando e interactuando a lo largo del proceso investigador (diseño, fases, evolución, acciones, propuestas,...)”

É investigación porque con rigor científico orienta un proceso de estudo nunha realidade concreta.
É acción non só polo feito de que require de actuacións concretas, se non porque está orientada ó cambio social estructural ou praxis.
É participativa porque require da participación da comunidade, que pasa de ser simple  “obxeto” observado a ser “suxeito” activo da investigación e protagosnista.


Algunhas palabras clave relacionadas con esta orientación do Traballo Social son :
Coñecemento, empoderamento, transformación, formación, investigación, acción,  participación, conciencia, responsabilidade, comunicación, mediación, rede.
Cada unha merécese unha entrada.  

Na de hoxe, como o título indica, presentamos de unha forma sinxela mediante infografía os pasos a seguir nunha Investigación-Acción-Participativa.