Calquera que coma min, durante a súa labor
profesional nos diversos campos do Traballo Social Individual ou por Colectivos,
optase por una visión integral e inclusiva, atoparía no Traballo Comunitario
una realidade a explorar.
Dende este enfoque proponse o método
científico de estudo: I.A.P. ou Investigación-Acción-Participativa.
T. Alberich (2006) proponnos a seguinte
definición:
“La IAP es un método de
estudio y acción de tipo cualitativo que busca obtener
resultados fiables y útiles para mejorar situaciones colectivas, basando la
investigación en la participación de los propios colectivos a investigar. Así,
se trata de que los grupos de población o colectivos a investigar pasen de ser
“objeto” de estudio a “sujeto” protagonista de la investigación, controlando e
interactuando a lo largo del proceso investigador (diseño, fases, evolución,
acciones, propuestas,...)”
É investigación porque con rigor científico
orienta un proceso de estudo nunha realidade concreta.
É acción non só polo feito de que require de
actuacións concretas, se non porque está orientada ó cambio social estructural
ou praxis.
É participativa porque require da
participación da comunidade, que pasa de ser simple “obxeto” observado a ser “suxeito” activo da
investigación e protagosnista.
Algunhas palabras clave relacionadas con esta
orientación do Traballo Social son :
Coñecemento, empoderamento, transformación, formación,
investigación, acción, participación, conciencia,
responsabilidade, comunicación, mediación, rede.
Cada unha merécese unha entrada.
Na de hoxe, como o título indica, presentamos de unha forma sinxela mediante infografía os pasos a seguir nunha Investigación-Acción-Participativa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario